É unha das medidas estrela que anuncia o candidato do PSdeG-PSOE a alcaldía de Ourense. Francisco Rodríguez anuncia que no vindeiro mandato baixo a batuta do Partido Socialista, das arcas municipais consignaranse ás familias ourensáns 1.000 euros ou algo máis incluso, por neno nado no concello.
Ademáis, subirá un 40% a bonificación do IBI no caso das familias numerosas.
 
O Partido Socialista apoiará ás familias ourensás con 1.000 € por neno nado no concello no vindeiro mandato  
12 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O Partido Socialista de Ourense comprométese no vindeiro mandato, a destiñar unha parte do aforro neto do concello a incentivar a natalidade na cidade, cunha axuda que pode ascender, dacordo cos cálculos realizados pola candidatura de Francisco Rodríguez, a máis de mil euros por cada fillo nado no concello.
Esta será unha das medidas estrela que o PSdeG-PSOE de Ourense porá en marcha durante o vindeiro mandato, a partir do 1 de xaneiro de 2009, coa intención de apoiar as familias ourensanas e reducir o acusado envellecemento poboacional.

Ademáis, incrementarase sustancialmente, en torno a un 40%, a bonificación fiscal do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), no caso das familias numerosas que acrediten a súa residencia habitual no concello.
Esta medida poderá aplicarse grazas ó programa de aforro público que o Partido Socialista de Ourense aplicará coa intención de reinvertir parte dos tributos pagados polos cidadáns, a través dun seguemento e control das contas municipais, para lograr unha xestión máis eficaz e transparente dos recursos públicos do concello, evitando o despilfarro e oscurantismo característico da administración local do PP de Ourense.

“O noso compromiso –sinalou Francisco Rodríguez- será mellorar a xestión dos ingresos e o gasto público co obxetivo, alomenos, de situar o aforro neto do concello en cinco millóns de euros anuais, o que permitirá unha inversión directa de vinte millóns de euros durante os próximos catro anos”.
“Porque non olvidemos que a inversión non e máis que devolver ós cidadáns o que pagan cos seus impostos”, concluiu o próximo alcalde de Ourense.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital