O candidato do BNG asumiu na Ponte que durante os doce anos de goberno do PP construíronse grandes superficies comerciais, pero que agora é preciso "potenciar o modo de vida de milleiros de ourensáns".
Entre as medidas para fortalecer o comercio local, Sánchez Vidal destacou as de posta en marcha dun urbanismo que mellore e rehabilite aqueles baixos en malas situacións.
 
 
Sánchez Vidal anúncialle aos comerciantes de A Ponte axudas para rehabilitar e modernizar os locais máis obsoletos
11 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

O candidato á alcaldía de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, reuniuse cos comerciantes da Ponte para expoñerlles o programa do BNG nesta materia. Sánchez Vidal indicou que “o comercio será fundamental para nós porque é un xeito de cohesión social. Queremos potenciar o comercio local. Durante os doce anos de Goberno do PP construíronse grandes superficies comerciais que nos sitúan por riba da media galega e española. Agora queremos potenciar o modo de vida de milleiros de ourensáns”.

Entre as medidas para fortalecer o comercio local, Sánchez Vidal destacou as de posta en marcha dun urbanismo que mellore e rehabilite aqueles baixos en malas situacións.

Tamén se levarán a cabo peonalizacións e humanizacións nos barrios para fomentar o paseo e así as compras. Por último, se contruirán máis de mil prazas de aparcamento en Ponte Lebrona, San Francisco e A Ponte, como un método para facilitar os desprazamentos, ademais dos billetes combinados en transporte público.
O BNG tamén iniciará un programa de centros comerciais ao aire libre que potencie con promocións e descontos a venda local. Unha das medidas máis destacábeis que expuxo Sánchez Vidal foi o investimento de 12 millóns de euros financiados pola Consellería de Industria para rehabilitar e mellorar a praza de abastos do centro.
No caso da Ponte, porase en marcha un programa semellante e logo dun estudo previo, investirase a cantidade que os técnicos sinalen para mellorar e acondicionar a praza de abastos dese populoso barrio.
Por último, Sánchez Vidal tamén lembrou o seu programa para revitalizar as galerías comerciais máis degradadas, construíndo ludotecas neses espazos pechados, co cal o concello e a Xunta se farían cargo do seu mantemento, alugueiro e conservación.
 
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital